viernes, 7 de octubre de 2011

Seguridade vial

Os nenos, durante o día, saen á rúa unha gran variedade de veces: para ir ao colexio, ao parque, á casa dun amigo ou familiar, etc. Por isto, nesta segunda entrada decidín facer unha actividade para que coñezan as normas de seguridade como peóns.

No patio do colexio faremos unha simulación de rúa, poñeremos semáforos de cores feitos con cartón, pintaremos raias simulando pasos de peóns, colocaremos sinais de tráfico, etc. E faremos tamén unha simulación de deferentes rúas coas súas respectivas beirarrúas.

Cando estea todo preparado faremos diferentes grupos de nenos, onde cada grupo terá un rol diferente. Uns farán de peóns e outros de automóbiles e despois cambiaran os roles. Cada un dos grupos irá acompañado dunha profesora que lles irá indicando o que deben facer.


As profesoras ensinaranlles todos os comportamentos que deben ter para circular con seguridade, como: Cruzar a rúa nos pasos de peóns, esperar a que os automóbiles nos paren se estes non están regulados por un semáforo, se están regulados ensinarlles que hai qué cruzar cando o boneco estea de cor verde, etc. pero tamén lles ensinarán o que sucede se non cumpren as normas. Desta maneira, a actividade servirá para que aprendan a circular de forma adecuada pero tamén para que coñezan a gran variedade de accidentes que se poden ocasionar e que entendan que se poden evitar se circulan con seguridade.

O razón de realizar esta actividade débese a que me parece unha maneira atractiva de que os máis pequenos coñezan toda esta información para poder estar seguros cada vez que saen á rúa.

CICLO: 2º Ciclo de Ed. Infantil (de 3 a 6 anos)

ÁREA DE COÑECEMENTO: Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal e a saúde.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Identificar situación de risco e actuar coherentemente ante elas.

INDICADORES ESPECÍFICOS: -Identifica situacións perigosas e evítaas.

-Identifica obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso. - Amosa cautela ante situacións descoñecidas.

FONTE DE DOCUMENTACIÓN:

Actividade: Elaboración propia.

Imaxe: Google imaxes.


Andrea López Sanjorge

No hay comentarios: