sábado, 8 de octubre de 2011

APRENDEMOS A EVITAR OS PERIGOS NA RÚA



Neste video móstranse todos os perigos que existen na rúa e as suas normas de seguridade, acompañados en todo momento cos  personaxes tan divertidos como son Lou&Lou e a súa patrulla, os nenos/as descubriran xunto a eles as infraccions ocurridas durante o video e os axudaran a resolvelas.



Este video tan educativo serve como actividade para unha sesión de clase no tema da seguridade vial, un tema moi importante para previr os accidentes infantis da maneira máis atractiva para os máis pequenos.   


-CICLO: 2º ciclo (3 a 6 anos)


- AREA DE COÑECEMENTO: área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal


- BLOQUE DE CONTIDOS: o coidado persoal e a saude.


- CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.


- INDICADORES: Identifica situacións perigosas e evítaas, identifica obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso e amosa cautela ante situacións descoñecidas.


- FONTE DE DOCUMENTACIÓN
Texto: elaboración propia

¡Espero os vosos comentarios!

Un saúdo

Andrea Martínez González

No hay comentarios: