Nesta entrada do noso blog presentarei unha actividade que considero moi adecuada para que os nenos aprendan dunha forma entretida e divertida o que poden consumir e o que non, tanto na clase coma no fogar.
Con esta actividade fomentamos o control de risco e a responsabilidade. Algo que é fundamental para evitar accidentes.
A actividade consiste en que o docente entregaralle a seguinte ficha a cada alumno no que terán que identificar o que se pode comer e o que non. Para elo deberán redondear o que se pode comer de cor verde e o que non facerlle una cruz de cor vermella.
Antes de comenzar a ficha, o mestre/a comentaralle aos nenos/as:
“Tanto na casa coma no cole podedes atopar cousas que teñan moi boa pinta pero a veces non o son boas e podedesvos facer moito daño e enfermar porque poden ser líquidos de limpeza ou medicinas.
Cando non saibades si se pode comer ou non debedes preguntar aos maiores si é bo para ti”.
Unha vez explicado isto os nenos comezaran a súa tarefa.
CICLO: para ambos ciclo. Primer ciclo (0 a 3anos) e segundo (3-6anos)
ÁREA DE COÑECEMENTO: área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: o coidado persoal e a saúde.
CRITERIOS DE VALIACIÓN: identificar situación de risco e actuar coherentemente ante elas.
INDICADORES ESPECÍFICOS: Identifica situacións perigosas e evítaas, identifica obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso, amosa cautela ante situacións descoñecidas.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: http://www.primeraescuela.com/actividades/soy-especial/envena.htm
IMAXE: http://www.first-school.ws/t/safetyeatsp.htm
Espero os vosos comentarios.
Un saudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario