jueves, 6 de octubre de 2011

Inculcando ideas dende a escola

Para a miña segunda entrada decidín empregar estas dúas fichas para explicarlles aos nenos dunha maneira gráfica e sinxela algúns dos perigos aos que están sometidos no ámbito doméstico.



Esta é unha delas e a súa posta en práctica consistirá en contar unha pequena historia na aula explicando a situación da rapaza. Este é  un exemplo do conto que pode acompañar á viñeta.

“María, a nena que vemos na imaxe, está na súa casa e leva na man un vaso de zume. É moi despistada e sen querer tropeza cun dos xoguetes que deixou descoidado no medio do cuarto. A mala sorte fixo que caera ao chan. Os cristais do vaso que lle caeu fixéronlle unha ferida nun dedo, pero enseguida o seu pai co botiquín que ten na casa, curalle a ferida e María queda moi contenta.”

 A reflexión que lle faremos aos nenos sería que teñen que ter coidado e non deben deixar os seus xoguetes tirados, senón que deben recollelos cada vez que os empreguen para que non lles ocorra o que lle pasou á protagonista do conto. 

Por outro lado, tamén lles preguntaremos se alguna vez tiveron alguna experiencia similar e que fixeron en cada caso. Ademáis, sería interesante conciencialos da importancia de ter un botiquín na casa para que dalgún xeito lle transmitan aos seus pais esta idea.

En canto a segunda ficha, consistirá en repartirlle unha a cada alumno/a para que coloreen aqueles obxectos que crean que son perigosos na súa casa.




De este modo, unha vez rematada a actividade iremos comentando cada imaxen e explicaremos brevemente por qué debemos de ter coidado cando vexamos na casa estes utensilios.


CICLO: 2º Ciclo (3-6)
ÁREA DE COÑECEMENTOS: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal
BLOQUE DE CONTIDOS: Enmárcase dentro do bloque 3 (O coidado persoal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización deestratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:  se manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisos para a vida cotiá, se identifica situacións e obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso, se amosa destreza e disposición na exploración de materiais e se se mostra prudente ante os desafíos.
AUTORA: Paula Rodríguez Prado





1 comentario:

Noelia Pérez López dijo...

Paréceme moi completo o teu post Paula, xa que os perigos poden estar en calquera lugar, tanto no fogar como na escola e por iso é necesario que tanto os pais como os docentes estean precavidos. Ademais, coa primeira actividade que propós, os nenos tamén aprenderán boas condutas como deixar todo recollido.
A segunda actividade permitiralle aos cativos recoñecer todos aqueles obxectos que os rodean e que poidan supor algún perigo para eles.