miércoles, 5 de octubre de 2011

Da saúde á saúde laboral

Nesta entrada escollín como tema a saúde laboral para ensinar na aula. Falaremos de tipos de cascos, de sinais de perigo e de localización de obxectos perigosos, así como tamén sinalaremos nunha lámina os obxectos que poden ser perigoso na clase. Desta maneira podemos facer entender aos nenos o que pode ser perxudicial para eles e cómo poden darse conta:

  • Os tipos de casco

Lévanse á aula varios tipos de casco. Observaranse as características comúns e as diferenciais e os materiais dos que están feitos e os tipos de suxeción que teñen. Podemos deixalos na clase para que poidan poñelo e xogar con eles no rincón do xogo simbólico. Hai que por especial atención na cuestión sexista do traballo e “de quén se pon o casco e vai traballar”.

  • Os sinais de perigo

Pódese realizar esta actividad posteriormente a unha visita á obra. Os sinais de perigo están enmarcados nun triángulo de cor amarela co debuxo dentro. Facer sinais de perigo. Dar triángulos e pintar dentro o obxecto de perigo e o fondo amarelo.

  • Localización de obxectos perigosos

Pegaremos pegatinas con forma de triángulo e de cor amarelo nos lugares onde se ubican os obxectos da clase que sexan perigosos: punzóns, tixolas, sacapuntas,…

  • Descripción de obxectos e o seu uso

Describir coa axuda do alumnado os obxectos que nos parecen que poidan xerar accidentes dentro da clase: tixolas, punzón, lápis, sacapuntas, pinturas, plastilina, pinceis,… Centraremonos en cualidades como: punzante, cortante, afiado, amargo,…; ademais das cualidades físicas destos obxectos.

Sinalar na lámina de obxectos da aula os que poidan ser perigosos.


Ciclo de Ed. Infantil: 2º ciclo da Ed. Infantil (3-6 anos).

Área de coñecemento: Coñecemento de sí mesmo e autonomía personal.

Bloque de contidos: Bloque 3 (O coidado personal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.

Criterios de avaliación/indicadores: Se manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisas para a vida cotiá e se identifica situacións e obxectos perigosos adoptando as precaución apropiadas en cada caso, se amosa destreza e disposición na exploración de materiais e se se mostra prudente ante os desafíos.


Fonte de documentación: Unidad_didactica.Así_nos_cuidamos._Infantil.pdf

Quintas Zarraquiños, Laura



No hay comentarios: