“Unha das principais causas da mortalidade infantil no noso país son os accidentes infantis, esta causa abarca un 40% do total de falecementos e iso é un dos motivos máis frecuentes nas consultas dos servizos de urxencias.
Son moitos os perigos que rodean os nenos en calquera lugar e ainda que poda existir en alguns casos irresponsabilidades por parte dos país por falta de medidas preventivas adecuadas, a gran maioria teñen cura dos seus fillos e evitan todo aquilo que poida por en riesgo a sua vida ou a sua integridad física.”
Primeiro para responder a esta pregunta debemos ter en conta o que se entende por accidente infantil. Para isto podemos tomar como referencia a definición da OMS, que entende como accidente un “acontecemento fortuito, xeneralmente desgraciado o dañino, ou acontecemento independente da voluntade humana, provocado por unha forza exterior que actúa rápidamente e que se manifesta por un dano corporal ou mental”. (OMS, 1958).
Seguindo co artículo comentar que como principal causa de mortalidade infantil, os accidentes infantis en moitas ocasions relacionanse coa irresponsabilidade dos pais ante diversas situaciones ainda que non todolos país e nais mostran estas actitudes, si que se preocupan polos seus fillos e teñen en conta os perigos aos que se enfrontan en calquera situación. A pesar disto a curiosidade propia a estas idades fai que esta tarea sea una tarea complicada.
Os accidentes poden suceder sempre ainda que esteas pendente do neno/a todo o dia xa que son moi activos, na gran maioria dos casos non e culpa dos pais ou nais ainda que toda a prevención e pouca.
- CICLO: 1º ciclo (0-3 anos) principalmente que e cando os nenos necesitan máis atención e cando máis perigo corren, tamén no 2º ciclo(3-6)
- AREA DE COÑECEMENTO: área de coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
- BLOQUE DE CONTIDOS: o coidado persoal e a saude.
- CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.
- INDICADORES: Identifica situacións perigosas e evítaas, identifica obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso e amosa cautela ante situacións descoñecidas.
- FONTE DE DOCUMENTACIÓN:
Texto: elaboración propia
¡¡Darme a vosa opinión sobre o artículo!!
Un saúdo.
ANDREA MARTÍNEZ GONZÁLEZ
2 comentarios:
Certamente nos últimos tempos exércese un maior control nos nenos ao seren pequenos pero non ocorre así en tódolos casos; hay familias que xa ben sexa polo gran número de persoas que a integran ou polo seu mesmo carácter despreocupado non coidan de maneira axeitada dos seus fillos.
Non é bo un control excesivo pois non fomentaría a plena autonomía nos nenos, pero sí que sería bo botarlles un vistazo de cando en vez,aínda que como ben dis ti, toda prevención ás veces é insuficiente.
Publicar un comentario