Para completar a actividade poderemos recordar as normas de convivencia que xa estarán dende principio de curso na aula. Podemos destacar algunhas como non empurrar aos compañeiros, non realizar xogos violentos, non abrir as portas bruscamente, entrar e saír da clase cun orde marcado …
Ciclo de Ed. Infantil: 2º ciclo da Ed.infantil (3-6 años).
Área de coñecemento: Coñecemento de sí mesmo e autonomía personal
Bloque de contidos: Bloque 3 (O coidado personal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.Criterios de avaliación/indicadores: Se manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisos para a vida cotiá e se identifica situacións e obxectos perigosos adoptando as precaución apropiadas en cada caso, se amosa destreza e disposición na exploración de materiais e se se mostra prudente ante os desafíos.
Fotografía de: www.rena.edu.ve/SegundaEtapa/ciudadania/accidentesEscuela.html
Texto: Elaboración propia.
QUINTAS ZARRAQUIÑOS, LAURA
3 comentarios:
Paréceme un post moi completo no que podemos ver a importancia dunha seguridade no colexio,lugar onde os nenos pasan unha gran parte do día.
Canta máis precaucións se tomen ao respecto,mellor será o resultado na seguridade dos nenos.
Considero que esta información é de gran importancia, xa que os perigos poden estar tanto no fogar como na escola.
En numerosas ocasións, os docentes non son capaces de atender a todos os cativos, por este motivo é imprescindible que se lle inculquen as formas correctas de actuar no ámbito escolar, para que poidan darse conta por eles mesmos cales son aquelas condutas que deberán evitar.
Publicar un comentario