viernes, 23 de septiembre de 2011

O perigoso na escola

Entre os máis pequenos, o colexio é o lugar onde éstes pasan a maior parte do día. Éstes deben ter especial coidado cos perigos que poden encontrarse. Os profesores moitas veces non dan atendido a tódolos nenos, sobretodo no patio, polo que deben coller conciencia e comezar a ser responsables, sobre todo no 2º ciclo da Ed. infantil.

Pareceume de interés destacado esta páxina web, na que nos mostran unha serie de normas a ter en conta para evitar e prever accidentes tan habituais como os que se producen no ámbito escolar. Inclúe un xogo interactivo moi interesante para exporlle aos nenos na aula e co que aprenderán de maneira divertida, dinámica e coas novas tecnoloxías (moi importantes na escola actual) os danos que poden sufrir, moitas veces, sen percatarse. A actividade consiste en encontrar os dez erros que comenten os nenos da foto mentras xogan no recreo.

Para completar a actividade poderemos recordar as normas de convivencia que xa estarán dende principio de curso na aula. Podemos destacar algunhas como non empurrar aos compañeiros, non realizar xogos violentos, non abrir as portas bruscamente, entrar e saír da clase cun orde marcado …


Ciclo de Ed. Infantil: 2º ciclo da Ed.infantil (3-6 años).

Área de coñecemento: Coñecemento de sí mesmo e autonomía personal

Bloque de contidos: Bloque 3 (O coidado personal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.

Criterios de avaliación/indicadores: Se manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisos para a vida cotiá e se identifica situacións e obxectos perigosos adoptando as precaución apropiadas en cada caso, se amosa destreza e disposición na exploración de materiais e se se mostra prudente ante os desafíos.

Fotografía de: www.rena.edu.ve/SegundaEtapa/ciudadania/accidentesEscuela.html

Texto: Elaboración propia.

QUINTAS ZARRAQUIÑOS, LAURA

3 comentarios:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Irene Varela Carpintero dijo...

Paréceme un post moi completo no que podemos ver a importancia dunha seguridade no colexio,lugar onde os nenos pasan unha gran parte do día.
Canta máis precaucións se tomen ao respecto,mellor será o resultado na seguridade dos nenos.

Noelia Pérez López dijo...

Considero que esta información é de gran importancia, xa que os perigos poden estar tanto no fogar como na escola.
En numerosas ocasións, os docentes non son capaces de atender a todos os cativos, por este motivo é imprescindible que se lle inculquen as formas correctas de actuar no ámbito escolar, para que poidan darse conta por eles mesmos cales son aquelas condutas que deberán evitar.