Sexa unha distancia corta ou longa pon o cinto!
Para esta entrada do noso blog pareceume interesante este video que fai reflexionar sobre a importancia que ten o emprego do cinto de seguridade nos nenos e nenas e a cadeira de seguridade para os máis pequenos.
Aínda que as imaxes que se mostran son especialmente duras reflexan a realidade que vivimos cada día. Por este motivo os pais e nais son os principais responsables, de ahí que este video vaia dirixido principalmente a eles co obxetivo de conciencialos da importancia da seguridade vial. En menor medida tamén vai dirixido aos nenos que neste caso non teñen conciencia dos perigos que pode ocasionar ata pasada unha certa idade.
Credes que o feito de por o cinto é só unha teoría ou verdadeiramente se leva á práctica?
Ciclo: dirixido a todos os ciclos xa que en todas as idades é importante o emprego do cinto pero principalmente no segundo ciclo (de 3-6 anos) que é cando van collendo conciencia e tamén aos pais que son os que teñen que implicarllo máis cativos.
Área coñecemento: área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: coidado persoal e saúde.
Criterios de avaliación: identificar situación de risco e actuar coherentemente ante elas.
Indicadores: identifica situacións perigosas e evítaas, identifica obxectos perigosos adoptando as precaucións apropiadas en cada caso, amosa cautela ante situacións descoñecidas.
Fonte de documentación/enlace:
Texto: elaboración propia.
Espero a vosa opinión.
Un saúdo.
Ana Mª López Rodríguez.
2 comentarios:
Duro vídeo pero moi real xa que reflicte de maneira paralela dúas realidades, as consecuencias de levar o cinto ou non.
Dende hai uns anos xa se comezou a concienciar aos pais,familias e colexios para que fagan uso do cinto, e creo persoalmente que conseguiuse que a gran maioría dos pais por non dicir que todos poñan o cinto aos máis pequenos, aínda que eles mesmos non o fagan sempre.
Creo que en muchas ocasiones lo de llevar el cinturón de seguridad queda en la teoría y no se lleva realmente a la práctica. En bastantes ocasiones, se suele decir la frase total para ir ahí cerca no hace falta el cinturón y por eso, surgen los accidentes. También creo que con los niños nos concienciamos más y si le ponemos el cinturón aunque siempre están las excepciones.
Pienso que habría que concienciar bien a los padres para que no se produjesen este tipo de accidentes como se muestran en el vídeo.
Publicar un comentario