viernes, 23 de septiembre de 2011

Mellor previr que lamentar!

Como ven sabemos, os nenos/as son os máis vulnerables á hora de sufrir calquera tipo de accidente,  xa sexa no ámbito escolar como no ámbito doméstico. Por este motivo paréceme importante  incluír esta entrada no noso blog pois considero que pode facernos reflexionar e tomar conciencia dos perigos aos que os máis pequenos están sometidos e evitarnos así posibles percances.

Para comezar debemos ter en conta que numerosos estudos mostran que a idade máis propensa para sufrir un accidente é ata os catro anos, especialmente pola inquietude, despreocupación, ignorancia e debilidade que mostran a estas alturas de vida. Xa que os nosos pequenos non poden actuar por eles mesmos, diríxome especialmente aos pais e nais por ser eles os responsables directos dos seus coidados.  Tamén sería interesante que os docentes valorasen posibles formas de actuación para diminuír ao máximo os riscos, xa que en definitiva a escola e o fogar son os espazos onde os cativos pasan a maior parte do seu tempo.

Baseándome na frase que leva por título esta entrada, destacaría como consellos a ter en conta os seguintes por ser accións rutinarias que moitas veces non se teñen en conta:
-Situar as plantas punzantes en espazos visibles e fóra do alcance dos nenos.
-Colocar as ferramentas en caixóns coas puntas ou elementos cortantes cara á dentro.
-Non tocar aparatos eléctricos estando descalzo, aínda cando o chan este seco.
-Manter o chan libre de obstáculos.
-Non permanecer en cuartos recen pintados ou vernizados.
-Gardar os medicamentos e produtos tóxicos (limpeza, xardinería…) fóra do alcance dos nenos.

Finalmente plantexarvos unha serie de cuestións nas que me gustaría que aportedes as vosas opinións: ¿Credes que son suficientes ou esaxeradas as medidas que existen para protexer aos nenos nos fogares? ¿E na escola?  OPINADE!


CICLO: 1º Ciclo (0-3) e 2º Ciclo (3-6)
ÁREA DE COÑECEMENTOS: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal
BLOQUE DE CONTIDOS: Enmárcase dentro do bloque 3 (O coidado persoal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:  se manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisos para a vida cotiá, se identifica situacións e obxectos perigosos adoptando as precaucións
apropiadas en cada caso, se amosa destreza e disposición na exploración de materiais e se se mostra prudente ante os desafíos.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN:  http://www.guiainfantil.com/accidentes/hogar.htm e elaboración propia.
AUTORA: Paula Rodríguez Prado

5 comentarios:

Unknown dijo...

Creo que na maioría dos fogares, sí que se toman medidas acordes para protexer aos nenos, e penso que todo o que se fai non é esaxerado, xa que os nenos e nenas nesta idade (0-4 anos) atópanse nun período de expirementación polo que revolucionan todo o que se atopa ao seu carón e por iso compre tomar medidas pa deste xeito previr os accidentes infantís.

Irene Varela Carpintero dijo...

Nunca son suficientes as normas ou os avisos,xa que sempre poden existir imprevistos tanto nos fogares coma na escola.
Pero tamén hai que dicir que canta máis información se facilite e se se fan cumprir esas pautas de seguridade é menos posible que os nenos sofran accidentes.

Emma Garrido Vila dijo...

Creo que é moi interesante o que plantexas, penso que moitas veces non se toman as medidas necesarias para evitar eses pequenos accidentes, tanto na casa como na escola, que ás veces implican grandes sustos, e por iso é importante como ben dis, previr antes que lamentar.

maria dijo...

Estou dacordo coa miña compañeira, pois os nenos/as ata os catro anos non poden valerse por si mesmos e o risco de ter un accidente e máis elevado. Debemos intentar evitar estes acontecementos tanto na escola como na casa polo ben dos nenos/as.En canto a túa pregunta paréceme que se podría mellorar as medidas que se levan a cabo para evitar estes accidentes tanto no fogar como no colexio.

sheila dijo...

Paréceme de suma importancia o tema plantexado neste apartado, os nenos son muy vulnerables, sobre todo nas primerias estapas da vida. Comparto a opinión das miñas compañeiras e de paso respondendo a tua cuestión, baixo o meu punto de vista, nunca é esaxerada a protección dun neno sempre para evitar sustos.