
“Unha das principais causas da mortalidade infantil no noso país son os accidentes infantis, esta causa abarca un 40% do total de falecementos e iso é un dos motivos máis frecuentes nas consultas dos servizos de urxencias.
Dentro da asignatura de Educación para a saúde e a súa didáctica imos traballar o tema dos accidentes infantís. Neste blog expoñeremos recursos e actividades para incrementar a seguridade dos nenos/as que tan importante é na vida cotiá. Animádevos a visitar e participar coas vosas ideas para así poder mellorar esta plataforma e que sexa de boa utilidade para todos/as.
Para completar a actividade poderemos recordar as normas de convivencia que xa estarán dende principio de curso na aula. Podemos destacar algunhas como non empurrar aos compañeiros, non realizar xogos violentos, non abrir as portas bruscamente, entrar e saír da clase cun orde marcado …
Ciclo de Ed. Infantil: 2º ciclo da Ed.infantil (3-6 años).
Área de coñecemento: Coñecemento de sí mesmo e autonomía personal
Bloque de contidos: Bloque 3 (O coidado personal) que engloba á identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos e tamén a equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.Fotografía de: www.rena.edu.ve/SegundaEtapa/ciudadania/accidentesEscuela.html
Texto: Elaboración propia.
QUINTAS ZARRAQUIÑOS, LAURA
Espero os vosos comentarios.
un saúdo.
Andrea López Sanjorge